Search

Home > Habitando > Ep.42: Activos de Saúde por Farmamundi
Podcast: Habitando
Episode:

Ep.42: Activos de Saúde por Farmamundi

Category: Government & Organizations
Duration: 00:50:37
Publish Date: 2023-11-10 12:06:05
Description:

Habitando Ep.42Desde 2020 Farmamundi desenvolve xunto á Universidade de Santiago de Compostela un proxecto de Educación para a Cidadanía Global en Santiago, un proxecto que xa está na súa fase catro. Traballa diferentes aspectos do Dereito á Saúde entendéndoo desde unha perspectiva holística, e coa colaboración de varios graos e mestrado da USC que aplicaa a aprendizaxe-servizo como metodoloxía pedagóxica.

Para falar del, das súas actividades, do que son os activos de saúde, problemas atopados e logros acadados contamos hoxe con María Gento. María é a coordinadora de Farmamundi en Galicia e Asturias, e responsable da xestión e execución do proxecto.

Ligazóns de interese:

Créditos

Todas as cancións incluídas neste episodio e no momento da súa publicación distribúense baixo licenza Creative Commons.

  • A Vida, Maya Solovey, álbum Maya Solovéy, I:II

Subscrición

Feed | Apple Podcast | iVoox | Spotify

Contacto

galicia[arroba]asfes.org | @ASF_Habitando | Facebook

Total Play: 0