|
Description:
|
|
Ola mundo! Presentámosvos Habitando, o falangullo de Arquitectura Sen Fronteiras Galicia. Estamos en plena produción do que será o noso primeiro episodio, pero antes queriamos asomar a cabeza para comentarvos de que vai este novo proxecto. Encántanos o podcasting e temos moitas ganas de contarvos quen somos, o que facemos e de que vai iso do Dereito ao Hábitat. Con Habitando pretendemos ademais manter un diálogo aberto a toda opinión, dúbida, suxestión, punto de vista ou o que se vos ocorra. Deixádenos un comentario, enviádenos un email ou mellor aínda, un audiocorreo. Contade cun novo episodio o último venres de cada mes, o primeiro xusto unha semana despois desta presentación. Moitas grazas por escoitarnos! Créditos Todas as cancións incluídas neste episodio e no momento da súa publicación distribúense baixo licenza Creative Commons. - A Vida, Maya Solovey, álbum Maya Solovéy, I:II
Subscrición * Proximamente   |