Search

Home > Habitando > Ep.3: Hábitat e Infancia
Podcast: Habitando
Episode:

Ep.3: Hábitat e Infancia

Category: Government & Organizations
Duration: 00:59:51
Publish Date: 2015-11-27 12:47:55
Description:
Afirma o pedagogo Francesco Tonucci que as cidades están pensadas para un modelo de persoa únicamente: un adulto, varón e traballador. Un modelo que deixa fora moitos colectivos, entre outros as nenas e nenos que desapareceron das nosas rúas. Preocúpanos o que lles poida pasar si non están vixiados. Por unha banda o problema do tráfico, e por outra o pánico a un secuestro ou algo peor. 
Neste episodio falamos de Hábitat e Infancia. Tomamos como referencia a obra 'A cidade dos nenos' de Tonucci, de lectura obrigada para quen queira profundar no tema:

E por suposto tamén comentamos as novas acontecidas no pasado mes en Arquitectura Sen Fronteiras Galicia, e repasamos a axenda para decembro.
Outras ligazóns de interese:


Hábitat e Infancia, viñeta de Frato
Moitas gracias por escoitarnos !!!


Créditos
Todas as cancións incluídas neste episodio e no momento da súa publicación distribúense baixo licenza Creative Commons.
Subscrición

Feed | iTunes | iVoox 
Total Play: 0