|
Description:
|
|
Mesturados con factores de incerteza, urxencia e complexidade, os retos e dificultades da migración internacional requiren unha cooperación fortalecida e unha acción colectiva. As Nacións Unidas están xogando de forma activa un rol catalizador neste área, para crear máis diálogos e interaccións entre países e rexións, asi como para impulsar o intercambio de experiencias e as oportunidades de colaboración. Á espera de que ese diálogo de os seus froitos, consideramos necesario achegarnos a esa realidade que moitas veces encóllenos o corazón pero por sorte para a maioría de nós énos allea. Hoxe falamos con Patricia Muñiz do Estudo MMASA, de persoas refuxiadas e hábitat. Patricia atópase nestes momentos terminando a súa tese doctoral sobre vivenda de urxencia e transición, e coñece de primeira man varios campos de refuxiados e refuxiadas sirios en Xordania e o Líbano (non en Siria e Haití, como por erro comentamos no podcast). E como cada episodio, comentamos as novas acontecidas no pasado mes en Arquitectura Sen Fronteiras Galicia, e repasamos a axenda para xaneiro.
Campo de refuxiados e refuxiadas de Za'atari en Xordania. Imaxe: Photo Unit
Moitas gracias por escoitarnos !!! Ligazóns de interese: Créditos Todas as cancións incluídas neste episodio e no momento da súa publicación distribúense baixo licenza Creative Commons. Subscrición
  |