Search

Home > Habitando > Ep.5: ASF en Guatemala
Podcast: Habitando
Episode:

Ep.5: ASF en Guatemala

Category: Government & Organizations
Duration: 00:00:00
Publish Date: 2016-01-28 17:10:56
Description:
A finais de decembro Adrián, Lara e Miguel, cooperantes de ASF, regresaron tras pasar a maior parte de 2015 traballando en varios proxectos en Guatemala. Xa tiñamos ganas de darlles unha boa aperta, porque aínda que estamos en permanente contacto por videoconferencia ou mensaxería, non é o mesmo.
Non podiamos deixar pasar a oportunidade de traelos para que nos contasen como lles fora por alá e nos explicásen a todas e todos como é a vida do persoal desprazado, os proxectos que puxeron en marcha e sobre todo as súas sensacións.
Adrián, Lara, Miguel, benvidos e benvida!!!
Ligazóns de interese:

MOITAS GRACIAS POR ESCOITARNOS!!!
Damián Vail, Lara, Alejandro Barrios, Adrián y Miguel en las obras del INEB de El Rosario, costa sur de Guatemala
Damián Vail (ASIAPRODI), Lara, Alejandro Barrios (Director de execución da obra), Adrián e Miguel
nas obras do instituto da comunidade de El Rosario, Champerico, Retalhuleu, costa sur de Guatemala

Créditos
Todas as cancións incluídas neste episodio e no momento da súa publicación distribúense baixo licenza Creative Commons.
  • A Vida, Maya Solovey, álbum Maya Solovéy, I:II
  • Sei Sis, Iago Fernández, álbum Acougo
Subscrición

Feed | iTunes | iVoox 
Total Play: 0