|
Description:
|
|
Estefanía Calo O estalido da burbulla inmobiliaria nos últimos anos da década pasada desatou unha das peores e máis lonxevas crises en Galicia e en España. Case 10 anos despois ninguén pode afirmar que a superaramos. Desde entón miles de persoas perderon os seus fogares. Paradóxicamente, o parque de vivendas segue a ser elevadísimo a pesar de que xa case non se constrúen. Para falar de todo isto hoxe acompáñannos Estefanía Calo, autora dunha tese sobre a vivenda en España, Héctor Tejón de Stop Desafiuzamentos A Coruña, e Javier Díaz e Olga Burque da cooperativa Outra forma de vivenda. Varias cuestións sobre a mesa, entre outras o como se xestou o problema, as consecuencias para quen se quedou na rúa e unha alternativa ao modelo tradicional. A nosa intención era charlar con todos e todas á vez, mais a última hora Estefanía non puido acudir á cita polo que quedamos con ela uns días despois. Alterando a orde de gravación, a súa intervención aparece primeiro dado que contextualiza e nos pon en antecedentes para comprender o problema. Ligazóns de interes: Javier Díaz, Olga Burque e Héctor Tejón Créditos Todas as cancións incluídas neste episodio e no momento da súa publicación distribúense baixo licenza Creative Commons. Subscrición
 |