|
Description:
|
|
Durante o pasado mes de maio celebramos a cuarta edición do Seminario Hábitat a Escala Humana baixo o título TOMA PARTE! Reflexións e propostas sobre a participación no contexto post 15M. Tres sesións adicadas a primeira á participación dende un punto de vista máis teórico, a segunda para achegar experiencias de participación en contornas urbanas e rurais, e a tercera foi una mesa redonda na que participaron diversos colectivos e institución locais. Adicamos este último episodio da tempada ao seminario, cunha pequena mostra de cada unha das conferencias que podedes atopar completas e en vídeo na nosa canle de youtube. Collemos vacacións no falangullo. Arquitectura Sen Fronteiras seguirá a traballar durante o verán, mais en Habitando descansaremos os meses de xullo e agosto. Voltaremos de novo o último venres de setembro. Que teñades un magnífico verán. Ligazóns de interese: MOITAS GRAZAS POR ESCOITARNOS! Créditos Todas as cancións incluídas neste episodio e no momento da súa publicación distribúense baixo licenza Creative Commons. Subscrición  |