|
Description:
|
|
Acabamos o ano charlando con Xosé Manuel Rosales, arquitecto, Catedrático de Educación Secundaria e Profesor Asociado do Departamento de Proxectos Arquitectónicos e Urbanismo da Universidade da Coruña. Ademais, é coordinador do Proxecto Terra e coautor dalgunhas das unidades didácticas e materiais audiovisuais alí elaborados. Forma parte do equipo organizador de Ludantia, a I Bienal Internacional de Educación en Arquitectura para a Infancia e a Mocidade, que se celebrará en Pontevedra en 2018 e para a que xa está aberta a inscrición. Únenos unha chegada relación, compartimos obxectivos. Colaboramos na actualidade con Proxecto Terra, e participaremos na bienal. Animámosvos a que coñezades a súa traxectoria, todo o traballo que dende hai 18 anos desenvolve en centros de educación de primaria e secundaria de toda Galicia, e por suposto, a que participedes en Ludantia. Ligazóns de interese:
Créditos Todas as cancións incluídas neste episodio e no momento da súa publicación distribúense baixo licenza Creative Commons. Subscrición Feed | iTunes | iVoox Contacto gtcomunicacion.gal[@]asfes.org | @ASF_Habitando | Facebook  |