Search

Home > Habitando > Ep.17: A Unidade Didáctica Dereito ao Hábitat
Podcast: Habitando
Episode:

Ep.17: A Unidade Didáctica Dereito ao Hábitat

Category: Government & Organizations
Duration: 00:47:05
Publish Date: 2017-05-26 06:12:25
Description:

A Unidade Didáctica Dereito ao Hábitat elaborouse no ano 2013 a iniciativa do Grupo de Educación para o Desenvolvemento de Arquitectura Sen Fronteiras Galicia. Dende entón púxose en práctica nunha morea de centros educativos.

Naquel momento o grupo xa estaba a traballar nestes centros con diversos materiais a propósito dos Obxectivos do Milenio. Xurdiu a necesidade de poñer todos estes contidos en relación co Dereito ao Hábitat e coa contorna próxima do alumnado ao que ían dirixidos, e non só en relación a países alleos ou contextos diferentes.

A unidade elaborouse a carón do Proxecto de EpD que se estaba a desenvolver co financiamento da Xunta de Galicia. Contratouse á Cooperativa Hábitat Social para tal fin, que contou coa axuda e supervisión de Ana Sánchez, profesora de Ciencias da Educación, e a do grupo de EpD de Arquitectura Sen Fronteiras.

Hoxe acompáñanos Carolina Jack, integrante de Hábitat Social e coautora da unidade. Tras unha explicación de como foi o proceso de creación e os seus contidos, comentamos a posta en práctica con rapaces e rapazas de toda Galicia. No ano 2014, un acordo firmado co Proxecto Terra que estaba a traballar no Plan Proxecta aumentou a visibilidade e a presenza da unidade nas catro provincias. Podedes atopar pequenas crónicas dalgunhas das visitas a centros nas novas da web.

Ligazóns de interese:

Créditos

Todas as cancións incluídas neste episodio e no momento da súa publicación distribúense baixo licenza Creative Commons.

  • A Vida, Maya Solovey, álbum Maya Solovéy, I:II
  • Ti poderás, Trapallada, álbum Alenta o mar

Subscrición

Feed | iTunes | iVoox

Contacto

gtcomunicacion.gal[arroba]asfes.org | @ASF_Habitando | Facebook

Total Play: 0