Search

Home > Habitando > Ep.19: Arrincamos proxecto de EpD
Podcast: Habitando
Episode:

Ep.19: Arrincamos proxecto de EpD

Category: Government & Organizations
Duration: 00:32:26
Publish Date: 2017-10-26 17:15:00
Description:

No grupo de Educación para o Desenvolvemento de Arquitectura Sen Fronteiras Galicia estamos a traballar dende o mes de agosto nun novo proxecto financiado pola Xunta de Galicia e a Cooperación Galega. En consorcio coa Universidade da Coruña e baixo o título “Proxecto de difusión do dereito ao hábitat, con especial incidencia en modelos de gobernanza participativos, a través da sensibilización e a educación non formal de axentes multiplicadores clave e alumnado de secundaria, na cidade da Coruña” resultou o 2º mellor valorado de todos os presentados.

Iniciamos a terceira tempada de Habitando explicando este e o resto de proxectos que desenvolveremos ao longo deste curso. Falamos dos seus obxectivos, resultados esperados e actividades a realizar. Tan só unha rápida pincelada porque de seguro falarémosvos segundo se vaian desenvolvendo.

Ligazóns de interese:

Créditos

Todas as cancións incluídas neste episodio e no momento da súa publicación distribúense baixo licenza Creative Commons.

  • A Vida, Maya Solovey, álbum Maya Solovéy, I:II
  • Ao teu redor, Projecto Mourente, álbum A Pior

Subscrición

Feed | iTunes | iVoox

Contacto

gtcomunicacion.gal[arroba]asfes.org | @ASF_Habitando | Facebook

Total Play: 0