Search

Home > Efervesciencia > Efer 618 (11-01-23): Mates e vida con Elena Vázquez Cendón, @ElenaVCendon
Podcast: Efervesciencia
Episode:

Efer 618 (11-01-23): Mates e vida con Elena Vázquez Cendón, @ElenaVCendon

Category: Science & Medicine
Duration: 00:56:36
Publish Date: 2023-03-18 16:34:30
Description: (1:57) A decana da Facultade de Matemáticas Elena Vázquez Cendón vén de gañar o Premio María Josefa Wonenburger pola súa carreira investigadora e o seu compromiso pola divulgación das matemáticas ao fronte de Estalmat-Galicia. Con ela falamos de Domingo Fontán, María Wonenburger e de matemáticas industriais. (29:55) Resolvemos unha pequena inocentada que deixaramos no aire no programa Efer 615 do pasado 28 de decembro. (33:40) No alto da serra do Moncai entre a Pobra do Brollón e Monforte de Lemos atópase a Muradella, unha acumulación de pedras de cuarcita descuberta polo arqueólogo Xurxo Ayán. Logo dunha campaña de escavación os datos apuntan a que se trata dun "cairn" do terceiro milenio ac, o máis antigo de Galicia. Conversamos co arqueólogo da Universidade Complutense de Madrid Rodrigo Paulos, director da campaña arqueolóxica.
Total Play: 0