Search

Home > Efervesciencia > Efer 725 (20-11-25): Prismas comprometidos por un mundo mellor
Podcast: Efervesciencia
Episode:

Efer 725 (20-11-25): Prismas comprometidos por un mundo mellor

Category: Science & Medicine
Duration: 01:02:26
Publish Date: 2026-01-24 19:07:23
Description: (2:20) A psiquiatra Iria Veiga, tamén coñecida como Raíña Vermella nas redes, debulla un novo mito en saúde mental: o suicidio. (11:58) Co director dos Museos Científicos Coruñeses, Marcos Pérez Maldonado, coñecemos os gañadores dos premios Prismas Casa das Ciencias á Divulgación Científica. Falamos con Luis Alcalá, presidente do xurado; con Daniel Amatller, impulsor de "Més que ciencia", un proxecto que utiliza novas tecnoloxías para levarlle a ciencia a persoas maiores e con Jennifer García da asociación de mulleres "Hypatia Mars" que promove a exploración espacial inclusiva con misións na Mars Desert Research Station. (28:17) Efeméride do 20 de novembro do Calendario da Historia da Ciencia de Moncho Núñez. (29:49) Na nosa segunda mesa de convidados dos premios **Prismas** contamos con Xaviera Torres, creadora do podcast de RNE Sapiensantes; con Stéphanie Aparicio, galardonada por "Auga clara", un proxecto de divulgación sobre a utilización da auga no medio urbano; e con Emilio García, membro do Instituto de Astrofísica de Andalucía, que recibiu o premio especial do xurado. (52:22) Ademais, unha investigadora do mesmo instituto andaluz, Sara Cazzoli, fálanos de "Clementina e os planetas", un espectáculo teatral con marionetas sobre o noso sistema solar que están a preparar coa compañía galega Nauta Teatro.
Total Play: 0