Search

Home > Efervesciencia > Efer 708 (18-4-25): Doar e validar voces para que as IAs entendan todas as entoacións do galego
Podcast: Efervesciencia
Episode:

Efer 708 (18-4-25): Doar e validar voces para que as IAs entendan todas as entoacións do galego

Category: Science & Medicine
Duration: 00:55:02
Publish Date: 2025-07-27 17:11:24
Description: (2:04) Doha Elrhoul e Manuel Romero Gómez son investigadores do grupo de Enxeñaría Enerxética (INGEN) do Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais (CITENI). Romero é o director da Escola Técnica Superior de Náutica e Máquinas (ETSNM) da Universidade da Coruña. Veñen de publicar un traballo que propón un método eficiente para que os metaneiros produzan in situ hidróxeno verde. Para isto, mediante unha variante do método Rankine orgánico aproveitan a calor residual dos motores e a recuperación de parte do gas natural que se perde por evaporación. (21:49) Ruta de Turismo Científico das Cerdeiras de Pontedeume con Maite Vence. (27:06) Desde o Instituto da Lingua Galega conversamos co dialectólogo Francisco Dubert sobre os traballos de doazón e validación de voces do Proxecto Nós. O obxectivo é conseguir que as intelixencias artificiais comprendan todas as entoacións e variedades do galego.
Total Play: 0