|
Description:
|
|
[Versión estendida] Celebramos a X Noite Efervescente en Sobrado dos Monxes, unha festa inclusiva para a observación do ceo.
Acompáñannos Ángel Vidal para falar dos pementos de Padrón e os nosos estreleiros Javier Pérez Couto e Martin Pawley para contarnos a Guía do Ceo do verán.
A música e a poesía virán da man da poeta Estíbaliz Espinosa e o pianista Juanjo Fernández.
As sonificacións do investigador do Instituto de Astrofísica de Andalucía Rubén García Benito permitirannos converter datos do universo en imaxes sonoras. José Manuel López Vilariño explicaranos como a biotecnoloxía permitiu crear unha auténtica cervexa de abadía con lévedos recollidos no propio mosteiro de Sobrado. Coñeceremos con Nacho Munilla algunhas das aves que podemos ver, e escoitar na lagoa de Sobrado.
E todo isto coa compaña dos amigos da asociación AMIPA, da asociación a Maristela e a ONCE de Santiago. |