Search

Home > Efervesciencia > Efer 591 (30-3-22): "Atopamos bacterias resistentes aos antibióticos nos xabarís", Elena Mora
Podcast: Efervesciencia
Episode:

Efer 591 (30-3-22): "Atopamos bacterias resistentes aos antibióticos nos xabarís", Elena Mora

Category: Science & Medicine
Duration: 00:54:46
Publish Date: 2022-04-10 19:15:50
Description: (2:01) Desde Berkeley o cosmólgo Antón Baleato debulla o achado da estrela Eärendel. Esta estrela descuberta polo observatorio espacial Hubble naceu tan so 900 millóns de anos despois do Big Bang, polo que é a estrela mais antiga coñecida. (15:32) Azucena Mora é membro do Laboratorio de Referencia de E. Coli e investigadora da Facultade de Veterinaria da USC en Lugo. Con ela conversamos pola implicacións do termo "One health",unha soa saúde: humana, animal e ambiental. Así as resistencias aos antibióticos das bacterias que se atopan en animais de granxa poden xerar graves problemas de saúde humana. O sorprendente é que o equipo da Dr. Mora ten atopado xenes de resistencia aos antibióticos mesmo en fauna salvaxe, como por exemplo poden ser os xabarís. (42:37) Sabemos que as aves utilizan o campo magnético terrestre para se orientar. Pero unha cuestión aberta durante décadas e onde reside e como funciona este sentido de magnetosensibilidade. Unha das hipóteses enriba da mesa é a existencia no ollo dos paxaros dunhas moléculas chamadas criptocromos que por mecanismos cuánticos poden proporcionan este tipo de información. Un novo estudo publicado en Nature estuda no laboratorio o comportamento destas substancias. Nolo conta o noso paxareiro Nacho Munilla. www.efervesciencia.org
Total Play: 0