Search

Home > Efervesciencia > Novos materiais que permiten refrixerar con sólidos
Podcast: Efervesciencia
Episode:

Novos materiais que permiten refrixerar con sólidos

Category: Science & Medicine
Duration: 00:17:52
Publish Date: 2018-01-19 12:24:59
Description: Un equipo da Universidade de A Coruña onde participa o profesor de química Manuel Sánchez Andújar vén de crear un novo material sólido híbrido orgánico-inorgánico de estrutura perovskita con propiedades barocalóricas. Isto quere dicir que pode arrefriar ao sometelo a cambios de presión. O obxectivo é que estes materiais poidan substituír os actuais fluídos refrixerantes das neveiras xa que teñen unha importante contribución ao cambio climático. Este traballo, que integra a químicos e enxeñeiros da UDC procedentes do Centro de Investigacións Científicas Avanzadas (CICA) e dos Departamentos de Química e de Enxeñería Naval e Industrial, vén de gañar o premio 2017 de investigación da Real Academia Galega de Ciencias.
Total Play: 0