Os Carabineros, como policía de frontera, fiscal; por ser lugar fronteirizo con Portugal sempre foi necesaria xa que trataban de evitar o contrabando. O pai de Martiño foi carabinero, sabe do que fala.
Tamén escoitarás sobre todo ao redor das datas do golpe de estado de 1936, e posteriormente imos a escoitar sobre Gardas Civís. Da mobilización dos diferentes seccións que tiña a Garda Civil na zona da Alta Sanabria e como con 15 anos, o Ti Martiño, viviu todo iso.
Como xa che teño dito, Martiño ten unha vida longa e tamén foi garda civil e sabe moito disto.
E por último contará unha historia que ben podería formar parte dun programa de televisión morboso de feitos sanguinolentos, e que ben darían tamén para escribir unha boa novela negra ou para facer un podcast. Escoita: unha tormenta serviu como encubridora dun asasinato a sangue fría.
Aporte a maiores: nos días nos que ando a preparar este podcast,
Alicia López Méndez e Javier López Fernández de San Ciprián de Hermisende presentan a pequena peza audiovisual publicada en Youtube “A menina que vía homes encadenados”, onde contan con testimonios dos presos políticos que estaban en Lubián traballando nos túneles do ferrocarril que construían por este concello nos anos da posguerra. Aquí cho deixamos: A menina que vía homes encadeados
Recorda que este podcast sirve para ter na memoria feitos en lugares como La Tejera (Hermisende, Zamora) e arredores vistos desde a perspectiva dun dos seus habitantes centenarios: Martín Gordo Mostaza.