Search

Home > Fóra de Mapa > #48. O wymysorys. Como a rapaciada motivada pode dinamizar unha microlingua
Podcast: Fóra de Mapa
Episode:

#48. O wymysorys. Como a rapaciada motivada pode dinamizar unha microlingua

Category: Society & Culture
Duration: 00:39:39
Publish Date: 2026-03-27 07:14:18
Description: O wymysorys é a lingua xermana máis pequena e máis ameazada de desaparición do mundo. Falada soamente no municipio da Silesia polaca de Wilamowice (ou en wymysorys Wymysoü) por algunhas ducias de persoas. Hai 30 anos veciños e sociolingüistas predicían a súa desaparición ó morreren @s derradeir@s falantes. O uso da lingua foi prohibido polas autoridades da Rep. Socialista de Polonia e iso creou un trauma na poboación local de Wilamowice. Porén, nos anos 90s naceron na vila mociñ@s que decidiron revitalizar a lingua dos seus avós e bisavós. Hoxe hai unha comunidade de 100 falantes (entre neo e paleofalantes), faltan profesores pra ensinar a lingua, créanse tik toks, música ou teatro nesta lingua, e Wilamowice converteuse nun exemplo estudado por sociolingüistas de todo o mundo.
Total Play: 0