Search

Home > Fóra de Mapa > #44. Os chechenos. Unha nación forxada na guerra, represión e resistencia
Podcast: Fóra de Mapa
Episode:

#44. Os chechenos. Unha nación forxada na guerra, represión e resistencia

Category: Society & Culture
Duration: 01:09:45
Publish Date: 2025-10-21 16:09:09
Description: Os chechenos son unha das moitas nacións que habitan os vales e montañas do Cáucaso norte, e con certeza son os máis famosos destes pobos, aínda que sexa por levar desde hai décadas sufrindo guerras, deportacións, terrorismo e represión, porén, a nación chechena é moito máis que un pobo de afoutos e feros guerreiros. A sociedade chechena actual forxouse nunha sucesión de traumas, as catastróficas guerras nas que tentou resistir o avance do imperio ruso no século XIX, a deportación de toda a nación a Asia Central durante a 2ª Guerra Mundial e as guerras pola independencia do país nos 90s e 2000s e o xugo da represión exercida polo clan dos Kadyrov, coa bendición de Moscova.
Total Play: 0