|
Description:
|
|
Albania é sinónimo de convivencia e harmonía relixiosa. Os albaneses non teñen unha relixión común, a maioría son musulmáns sunnitas, porén hai unha importante porcentaxe de católicos e ortodoxos, por iso se di que a auténtica relixión do pobo albanés é o nacionalismo albanés, que se fundamenta na cultura e lingua de seu deste pobo balcánico.
Con todo, existe unha outra minoría relixiosa, recoñecida como relixión de seu polo estado albanés que tivo unha relevancia moi importante no xurdimento do nacionalismo albanés, e que tentou configurarse como a relixión propia da nación: o bektashismo.
Esta orde sufí, mística e con certos elementos propios do xiísmo, presente en boa parte dos Balkáns e en Turquía ten hoxe a súa sede mundial en Tirana, e pretende representar unha visión heterodoxa, flexible e tolerante do Islam.
Músicas:
Ylli Baka - Baba Tomorri
Thunder Way: The order executors
Avni Mula, Ibrahim Hasnaj: Udha Bektashiane
Balkan - Crowander
Turkish Lady Face - The Underscore Orkestra |