Search

Home > Fóra de Mapa > Bretaña. Moito máis que a nación celta do continente
Podcast: Fóra de Mapa
Episode:

Bretaña. Moito máis que a nación celta do continente

Category: Society & Culture
Duration: 01:24:48
Publish Date: 2025-12-17 08:56:30
Description: A Bretaña é un país cunha identidade de seu ben forte, a pesar de ter perdido boa parte da súa diversidade lingüística nas últimas décadas. Os bretóns teñen un importante apego á súa terra e logo de séculos de case que completa autonomía de Francia, seguen a reclamar hoxe un maior autogoberno e rexeitan o centralismo de París Isto non se manifesta tanto no uso das linguas do país, o galó, o idioma do romance da Alta Bretaña, e máis o bretón, a lingua céltica falada na parte occidental da península, e que hoxe está nunha situación desfavorable. Con todo existen ducias de iniciativas pra reforzala e un crecente afecto pola sociedade bretoa. Musicas: Tri Martolod (Tradicional) - Alan Stivell Bro gozh ma zadoù - Cantada por Alan Stivell, Gilles Servat, Tri Yann, Louis Capart, Soldat Louis, Renaud Detressan, Gwennyn, Clarisse Lavanant, Rozenn Talec & Cécile Corbel Kantik Sant Erwan (Tradicional) - Anne Auffret Diwanit bugale - Dan Ar Braz & l'Héritage des Celtes Turkish Lady Face - The Underscore Orkestra Russian Dance - Joey Pecoraro Balkan - Crowander
Total Play: 0