Search

Home > Fóra de Mapa > #42. Os moravos. Unha identidade con 1000 anos á sombra de Praga
Podcast: Fóra de Mapa
Episode:

#42. Os moravos. Unha identidade con 1000 anos á sombra de Praga

Category: Society & Culture
Duration: 01:01:31
Publish Date: 2025-09-16 19:08:53
Description:

Moravia é unha das tres rexións históricas que forman parte da República Checa e a pesar de que o país é centralista e relativamente homoxéneo, desde hai moitos séculos existe unha identidade local coa que se identifican centos de miles de moravos.


Moravia sempre tivo institucións propias e foi unha entidade autónoma de Praga, aínda así os moravos loitaron canda os seus compatriotas bohemios pra lograren a independencia do país e a normalización da lingua checa, durante séculos minorizada polo idioma alemán.


Hoxe, a nación checa ten un estado de seu, do que os moravos se sinten como unha parte substancial, mais con todo demandan o recoñecemento e visibilidade da súa cultura e identidade e a autonomía pro seu milenario país moravo.

Total Play: 0