Search

Home > Efervesciencia > Efer 722 (9-10-25): Como o sistema inmune evita o fogo amigo
Podcast: Efervesciencia
Episode:

Efer 722 (9-10-25): Como o sistema inmune evita o fogo amigo

Category: Science & Medicine
Duration: 01:00:09
Publish Date: 2025-12-08 06:00:00
Description: (3:44) Dime como é o teu cerebro e direiche quen son os teus amigos. Isto é o que se desprende dun traballo publicado en Nature Human Behaviour. (14:55) O Nobel de medicina de 2025 foi para a tolerancia inmunolóxica periférica, un segundo sistema do noso corpo para evitar o fogo amigo dos linfocitos T. Conversamos con Iria Gómez Touriño, líder do grupo de Inmunidade e Pequenas Moléculas do CIMUS. Recentemente publicaron en Nature Communications un traballo no que desvelan un novo mecanismo de autoreactividade que ataca ás células do páncreas dos recén nacidos e que é necesario para a correcta formación deste órgano. Mecanismo que, se non está ben balanceado no tempo, pode causar diabetes tipo I. (39:12) Efeméride do 11 de setembro do Calendario da Historia da Ciencia de Moncho Núñez. (40:43) Juan Manuel Bermúdez do CICA - UDC Solid debúllanos o premio Nobel de química 2025 para os MOFS, andamiaxes metaloorgánicas.
Total Play: 0