Search

Home > Efervesciencia > Efer 578 (15-12-21): Anticiparse ás novas adicións en adolescentes: videoxogos, xogo on line e internet
Podcast: Efervesciencia
Episode:

Efer 578 (15-12-21): Anticiparse ás novas adicións en adolescentes: videoxogos, xogo on line e internet

Category: Science & Medicine
Duration: 00:59:17
Publish Date: 2022-01-17 21:05:03
Description: (3:26) Por primeira vez na historia tivemos este ano máis turistas no espazo ca astronautas, e a perspectiva da posta en marcha de estacións espaciais privadas deixa de ser unha quimera. Javier Pedreira "Wicho" analiza en Efervesciencia as novas tendencias da exploración espacial. (20:06) O profesor de psicoloxía da USC Antonio Rial Boubeta preséntanos as evidencias científicas que amosan a efectividade de facer un peneirado precoz das adicións. Nesta liña o seu grupo de investigación traballou nun proxecto de implantación do modelo SBIRT en Galicia. Este cribado nos centros de saúde está pensado para detectar precozmente e tratar adicións en adolescentes, tanto adicións con substancia como adicións sen substancia (xogo on-line, videoxogos e consumo problemático de internet). Ao fío das adicións nos adolescentes facemos un faladoiro con Belén Montesa (psicóloga experta en adicións), Fernando Lacaci (presidente da Confederación de ANPAS galegas) e Sabela Rodríguez García (Orientadora do IES A Cachada de Boiro) www.efervesciencia.org
Total Play: 0